Menú da páxinas
TwitterRssFacebook
Menú de categorías

Aviso legal

 

A utilización ou a visita deste sitio web (http://territoriocreacion.gal/) implica aceptar por parte da persoa usuaria, visitante ou cliente (en adiante usuario/a) as condicións de uso detalladas a continuación, así que lea atentamente a seguinte información antes de usar este sitio web. Se non acepta os seguintes termos e condicións, abstéñase de utilizar este sitio web e o seu contido.

Obxectivo da web

Esta web deseñouse para facilitarlle á persoa usuaria a información relativa ás actividades, produtos e servizos que oferta Territoriocreacion.

Propiedade intelectual e dereitos

O dominio territoriocreacion.gal pertence ao Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Facultade de Filoloxía e Tradución, razón social Universidade de Vigo (en adiante Territoriocreacion), con CIF Q  8650002 B, domicilio na Praza das Cantigas s/n, Campus de Vigo, Universidade de Vigo, 36310 Vigo, e con teléfono 986 813 403.

Autorizacións ás persoas usuarias

Calquera persoa usuaria está autorizada para ver, copiar, imprimir e distribuír os contidos publicados nesta web sempre que cumpra as seguintes condicións:

  • Queda prohibido usar estes contidos con fins comerciais. Soamente se poderán utilizar con fins informativos.
  • Os contidos non se poderán modificar.
  • De ningún xeito poderá separarse o texto ou as imaxes que o acompañan de forma que o seu contido adquira outro sentido distinto do que esta web pretende expresar no seu contexto orixinal.

Responsabilidades da persoa usuaria

É responsabilidade exclusiva da persoa usuaria tanto o acceso a esta web coma o uso que poida facerse dela. Territoriocreacion non responderá sobre ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que se puidesen derivar deste acceso ou uso da información.

Territoriocreacion pon os medios necesarios para manter a web limpa de virus. Debido ás características propias da tecnoloxía e a continua aparición de novos virus e outros elementos danosos, será responsabilidade da persoa usuaria dispor nos seus equipos dos medios necesarios como programas antivirus ou devasas (firewalls) coa finalidade de garantir a non infección dos seus equipos e programas, do que en ningún caso poderá facerse responsable Territoriocreacion.

Por todo isto, Territoriocreacion non asume ningunha responsabilidade polos danos (hardware e software) que se poidan causar nos equipos das persoas usuarias por posibles virus informáticos contraídos a causa da súa navegación na web, ou por calquera outros danos derivados desa navegación.

Modificación de datos ou contidos

Territoriocreacion resérvase o dereito para modificar en calquera momento e sen aviso previo o deseño, a presentación ou a configuración da web, así como algúns ou todos os contidos. Tamén se reserva o dereito de modificar as condicións xerais ou as condicións particulares requiridas para utilizar os contidos. A citada información considerarase como simplemente informativa.

Fiabilidade e dispoñibilidade da web

Territoriocreacion non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a inexistencia de interrupcións no acceso ao seu sitio web nin dos seus contidos, polo que o seu uso por parte da persoa usuaria lévase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, poidan esixirse responsabilidades a Territoriocreacion neste sentido.

 Modificación das condicións

Territoriocreacion pode revisar estas condicións en calquera momento mediante a actualización desta publicación. Dado o se carácter vinculante, a persoa usuaria debe visitar esta páxina cada certo tempo co fin de revisar as condicións en vigor en cada momento. Os avisos ou os termos legais que de forma expresa se indiquen en determinadas páxinas desta publicación prevalecerán sobre as estipulacións previstas nestas condicións.

Política de protección de datos de carácter persoal

Territoriocreacion recolle algúns datos persoais introducidos pola usuaria/o libremente en diferentes formularios coa finalidade de poder efectuar peticións de información, consultas, solicitar e contratar diferentes servizos de Territoriocreacion. Estes datos xestiónanse de forma automatizada para poder prestar os servizos ou responder as peticións dos propios usuarios/as, así como para mellorar e ampliar os contidos e os servizos da web.

Os datos recollidos por Territoriocreacion nos diferentes formularios da web recóllense co coñecemento e co consentimento da persoa usuaria.

Segundo a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, Territoriocreacion infórmao/a de que os datos persoais proporcionados  se incorporarán a un ficheiro, do cal é titular e cuxa finalidade é manter relacións comerciais ou contractuais coa súa empresa, tratamento que autoriza.

Territoriocreacion recoñécelle a posibilidade de exercitar de forma gratuíta os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei orgánica 15/1999, mediante un escrito dirixido á persoa responsable de seguridade que poderá remitilo por correo electrónico a concurso@territoriocreacion.gal.

Así mesmo, a persoa interesada autoriza a Territoriocreacion para que os seus datos se utilicen co obxecto de realizarlle comunicacións informativas, comerciais e de promoción da empresa que poderán realizarse por calquera medio, incluído o correo electrónico.