Menú da páxinas
Menú de categorías

Organiza / Colabora

simbolo_fft simbolo_anl     

Desde o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, en parzaría coa Área de Normalización Lingüística da nosa universidade e en colaboración especial co departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, lanzamos dous concursos dirixidos ao alumnado de 4.º de secundaria e bacharelato dos centros de ensino de Galicia e das comarcas exteriores de lingua e cultura galegas.

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo imparte docencia de lingua e literatura Galega e de estudos lusófonos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo: na Facultade de Ciencias da Educación, na Facultade de Xeografía e Historia, na Facultade de Ciencias Empresariais e do Turismo, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na Facultade de Ciencias Sociais e na Facultade de Filoloxía e Tradución.

A investigación do seu profesorado, como as publicacións e as actividades académicas e de divulgación relacionadas, céntranse en diversos ámbitos dos estudos galegos e dos estudos lusófonos.

A Área de Normalización Lingüística (ANL) é un servizo da Universidade de Vigo que ten entre as súas funcións:

  • Organizar e impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria.
  • Informar e asesorar permanentemente a todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego.
  • Propoñer as actuacións que considere máis axeitadas para o proceso de normalización da lingua galega na universidade.
  • Corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e escritos oficiais.
  • Canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.

Deputación de Pontevedra aposta plenamente polo fomento, a promoción e a difusión da cultura en todas as súas manifestacións; distribúe os fondos culturais en programas dirixidos á totalidade dos concellos e asociacións sen ánimo de lucro, centros culturais e fundacións da provincia.

A través do Servizo de Cultura e Lingua colabora mediante a achega de subvencións e o apoio ás manifestacións culturais, eventos, actividades e foros encamiñados á dinamización do galego que realicen estas entidades. A súa finalidade é fomentar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores con repercusión social.