Menú da páxinas
TwitterRssFacebook
Menú de categorías

Organiza / Colabora

simbolo_fft simbolo_anl       logo_xerais

Desde o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, en parzaría coa Área de Normalización Lingüística da nosa universidade e en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, lanzamos dous concursos dirixidos ao alumnado de 4.o de secundaria e bacharelato dos centros de ensino de Galicia e das comarcas exteriores de lingua e cultura galegas.as.

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo imparte docencia de lingua e literatura Galega e de estudos lusófonos nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo: na Facultade de Ciencias da Educación, na Facultade de Xeografía e Historia, na Facultade de Ciencias Empresariais e do Turismo, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na Facultade de Ciencias Sociais e na Facultade de Filoloxía e Tradución.

A investigación do seu profesorado, como as publicacións e as actividades académicas e de divulgación relacionadas, céntranse en diversos ámbitos dos estudos galegos e dos estudos lusófonos.

A Área de Normalización Lingüística (ANL) é un servizo da Universidade de Vigo que ten entre as súas funcións:

  • Organizar e impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria.
  • Informar e asesorar permanentemente a todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego.
  • Propoñer as actuacións que considere máis axeitadas para o proceso de normalización da lingua galega na universidade.
  • Corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e escritos oficiais.
  • Canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial de carácter xeral, fundada en 1979 que se dedica á edición de libros en lingua galega. A súa misión fundacional foi non deixar baldeiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia. Edicións Xerais de Galicia forma parte de Grupo Anaya.

A 1 de xuño de 2012 o catálogo histórico de Edicións Xerais de Galicia acada os 3300 títulos, dos que 1600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados fórono en lingua galega, aínda que a editorial tamén publicou algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita nos soportes impreso e dixital.